O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe en Barcelona, no marco do Mobile World Congress 2021, co CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, o convenio de colaboración que permitirá celebrar en Ourense nos anos 2021, 2022 e 2023 o "Mobile Week", "un evento de referencia mundial no sector tecnolóxico e que terá a Ourense como protagonista, na liña estratéxica que vimos levando a cabo desde Deputación: potenciando e vencellando ao territorio con todos o ámbitos da innovación", afirmou o presidente Baltar tralo acto de sinatura do convenio. A edición de 2021 da "Mobil Week Ourense" celebrarase do 19 ao 23 de novembro.
Baltar destaca a satisfacción "que supón que a "Mobile World", unha marca tan prestixiosa no mundo, aceptase a nosa proposta para que Ourense albergue a "Mobile Week" durante tres anos, unha magnífica noticia que hoxe acadamos no corazón tecnolóxico do planeta, en Barcelona".