Volotea conectará A Coruña con Euskadi e a área de influencia do sur de Francia os luns e venres de cada semana, segundo se reflicte no convenio asinado polo presidente do Consorcio de Turismo da Coruña e concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o director de Desenvolvemento Corporativo de Volotea.
Carlos Cerqueiro.Segundo indicou Carlos Cerqueiro, as previsións da compañía aérea son “continuar traballando con todas as entidades coruñesas co obxectivo de establecer novas conexións como a que este verán, por primeira vez, conecta o aeroporto de Alvedro coa illa balear de Menorca”.
O Goberno de Inés Rey destacou a satisfacción pola sinatura deste convenio que permitirá que a cidade herculina dispoña de conexións aéreas regulares cun destino estratéxico para A Coruña tanto a nivel turístico como de negocio. Juan Ignacio Borrego indicou que “A Coruña tivera unha gran experiencia con Volotea na vez anterior que realizaba a conexión con Bilbao, polo que queriamos garantir unha estabilidade nesa conexión”.
Volotea foi fundada en 2011 por Carlos Muñoz e Lázaro Ros, anteriormente fundadores de Vueling, e é unha das aeroliñas independentes de máis rápido crecemento en Europa, aumentando ano tras ano a súa frota, roteiros e asentos ofrecidos. Desde os seus inicios, Volotea transportou a máis de 35 millóns de pasaxeiros en toda Europa.