Martín Códax amplía As Tardes do Atlántico en agosto


Martín Códax acaba de anunciar novas datas para As Tardes do Atlántico, unha experiencia enoturística que ofrece dentro da súa programación estival. Orixinalmente programadas para os mércores dos meses de xullo e agosto, tras esgotar entradas e ante a positiva resposta e demanda do público, o ciclo As Tardes do Atlántico verase ampliado con 5 novas sesions, sumando un total de 13 participantes nesta edición adicada ás novas xeracións da cociña galega.

Así, Martín Códax segue apostando pola oferta enoturística da comarca do Salnés con estes singulares eventos enogastronómicos que se celebrarán tódolos martes e mércores de agosto ás 20:00 horas na panorámica terraza situada nas instalacións da adega cambadesa.

Trátase dunha desenfadada iniciativa culinaria co Albariño como coprotagonista e especialmente arraigada no territorio, que buscar poñer en sintonía aos cociñeiros participantes co marcado entorno atlántico da cooperativa. Estas propostas gastronómicas supoñen a maridaxe perfecta coa que acompañar os distintos viños das Bodegas, Albariños cultivados e elaborados no Salnés.

Os eventos As tardes do Atlántico terán un prezo de 25 euros por persoa e contarán con aforo limitado, respetando tódalas medidas sanitarias. As entradas para asistir están á venda na páxina web www.martincodax.com.