A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobará este xoves a licitación da II Fase das ramplas mecánicas de Gran Vía que vai desde a rúa Venezuela ata a rúa Nicaragua. O orzamento previsto para esta actuación é de 4.234.892 euros e terán capacidade para transporta máis de 7.000 persoas á hora.
O alcalde Abel Caballero anunciou que serán dúas cintas mecánicas en un ámbito de actuación de 150 metros. Unha delas vai desde Venezuela ata Bolivia e a outra desde Bolivia ata Nicaragua. O perfil será similar as xa existente entre María Berdiales e Venezuela, con perfís metálicos e vidro e “un novo xardín botánico”, segundo explicou o rexedor.