Os relatorios comezarándiariamente ás 20:00 horas e poderán seguirse a través da canle de YouTube do Craega. Despois de cada relatorio, os espectadores terán oportunidade de facer preguntas e reflexións aos relatores en directo.
O obxectivo desta actividade é promover o consumo da carne ecolóxica, dando a coñecer as súas características singulares, de calidade e de reporte saudable, coas máximas garantías e beneficio para o medio rural e o medio ambiente galegos.
En Galicia hai 158 produtores de carne ecolóxica e 5.826 cabezas, cun valor económico deproduto comercializado no ano 2020 de 2.223.693 €, datos que poden alcanzar cifras aínda máis elevadas con este impulso e posta en valor do sector.