A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asinou un acordo de colaboración con Vapafarma co obxectivo de garantir importantes descontos para os seus socios nos servizos desta empresa, moi ligados ás esixencias de hixiene que trouxo consigo a pandemia, á prevención dos contaxios e a poder ofrecer unha hostalería segura.
No acto estiveron presentes Javier Teijeira, delegado provincial en Lugo de Vapafarma, e Cheché Real, presidente da Apehl. Ambas partes acordaron que Vapafarma ofrecerá aos socios da Apehl equipos de prevención para rebaixar os niveis de CO2 para que se manteñan sempre por debaixo do límite establecido (800 ppm), a eliminación de aerosoles e a rexeneración de aire. Os socios terán importantes descontos sobre as tarifas habituais da empresa.