Este domingo, cita cos callos en Porriño




Este domingo 3 de outubro o concello do Porriño celebra a 28 edición da súa Festa dos callos, na que un total de trinta e seis establecementos de hostalería ofrecerán racións a un prezo unificado de 7 euros, que inclúe a cazola e un anaco do afamado pan da vila.

A alcaldesa do Porriño, Eva García, fixo un chamamento aos veciños da área metropolitana a acudir a un evento gastronómico que combina dous produtos icónicos do Porriño, callos e pan, amosando a súa satisfacción por poder "pasar páxina e facer unha edición da festa dos callos na que a xente poida participar máis e acudir a celebrar o fin da Festa do Cristo con este broche de ouro". 

Para o presidente da Asociación de hostaleiros Ahospor, José Manuel Fernández, a cantidade de establecementos participantes demostra que "a hostalería se mantén viva, que a Porriño non o frenou a pandemia". 

Os 36 establecementos participantes poden consultarse na seguinte páxina: https://ecultura.net/festa-dos-callos-xxviii-edicion/.