Sportur Galicia celebrarse en Expourense do 19 ao 20 de novembro


O turismo deportivo é, xunto coa paisaxe e a gastronomía, unha das principais motivacións que atraen turistas a Galicia, unha comunidade que ten un gran potencial en ambos Eidos. Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo terá o obxectivo de posicionar a Galicia como destino activo contribuíndo así á desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade á nosa comunidade a través do deporte e contando ademais coa vantaxe de que os recursos naturais están repartidos por todo o territorio galego.

A cuarta edición deste salón celebrarase os días 19 e 20 de novembro de 2021 en Expourense e servirá de antesala para o gran Congreso Internacional de Turismo Deportivo que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organiza para o mes de xuño de 2022 e que se celebrará no recinto feiral ourensán.

Na primeira reunión do comité asesor de Sportur Galicia se estableceron as pautas do que será a vindeira edición que terña lugar uns días antes do comezo do calendario de competición de atletismo desta tempada e que arrinca coa celebración do trixésimo segundo Campionato de España Master en Pista Cuberta (26 a 28 de novembro).