O Concurso de Tapas Picadillo ten finalistas


Restaurante Morriña, Taberna O Secreto, Mesón de Herves, Mesón Barrera e Casa Ponte son as tapas finalistas na categoría Tradicional e La Esquina de Valentina, Uro Rest&Club, Casa Surrey, Intenso e EME Taberna na Creativado XVII Concurso de Tapas Picadillo.

O xurado desta edición, presidido por Chau Puga Fernández-Gago, neta do alcalde Picadillo e académica da Academia de Gastronomía de Galicia, está composto por Ana Gago, copropietaria e xefa de cociña de Casa Pardo (1ª Estrela Michelín da Coruña); Marco Varela, cociñeiro do restaurarante Sábrego en Casal de Armán (Ribadavia); Chechu Rey, cociñeiro e asesor gastronómico e Javier Rodríguez "Taky", cociñeiro.

Todos xuntos visitaron os dez restaurantes finalistas das categorías Tradicional e Creativa (cinco en cada unha). O nome dos establecementos gañadores de cada unha destas categorías, así como da categoría de Maridaxe e do Premio Cidade da Coruña, serán anunciados na entrega de premios que se realizará nas vindeiras semanas.