Santiago acollerá en marzo o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum


Santiago de Compostela será o escenario en marzo de 2022 dun acontecemento sen precedentes: o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, no que por primeira vez reuniranse todas as Denominacións de Orixe vinícolas e Indicacións Xeográficas Protexidas de viños, augardentes e licores de Galicia.

"É un luxo que podamos reunir nun só evento a todo o mundo do viño galego. Nunca se fixo nada semellante", segundo dixo Javier Míguez, propietario das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta e directivo da Asociación Hostalería Compostela, que é a entidade que promove este evento.