Jácome plantexa un Museo do Viño para Ourense


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pretende remodelar as instalacións do Museo Municipal de Ourense, cuxas disposicións se trasladaron á Sala Valente, para pór en marcha no seu lugar un museo do viño. Meses despois de pechar a instalación porque "non tiña visitas", Jácome plantexa "dinamizar o centro histórico da cidade pondo en marcha un museo do viño".

Aínda que lembrou que existe un museo do viño en Ribadavia, considera que o de Ourense "sería distinto, cunha localización mellor", pois apuntou "estaría na zona dos viños () e sería un atractivo máis para a zona vella". Respecto diso, indicou que valora a posibilidade de que o futuro museo sexa xestionado mediante unha concesión.