A Deputación de Ourense vén de incorporar un servizo máis á contorna do encoro de Cachamuíña, coa apertura dunha nova zona de aparcadoiro ao carón da estrada provincial OU-508, dotada con 62 prazas –catro delas para persoas con mobilidade reducida-. O espazo está acondicionado para dar resposta á crecente afluencia de cidadáns que, utilizando os seus vehículos particulares, achéganse ata esta área natural do concello de Pereiro de Aguiar. Este espazo supón triplicar o espazo dispoñible para aparcar no entorno do encoro.
Trátase dunha que xa no verán deste mesmo ano experimentará un novo pulo coa prevista inauguración das piscinas do parque acuático de Monterrei e na que, avanzou Manuel Baltar, tamén irán tomando forma outros proxectos como un parque de mascotas ou unha nova pasarela de plena accesibilidade que substituirá á actual, situada na cola do encoro.