O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro AFAOR, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, a través da sétima edición do ciclo “Cata a Arte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante os xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixe integramente a AFAOR.
Fíxose entrega nun sinxelo acto á secretaria da asociación, María del Carmen Pérez Prieto, da doazón do recadado durante as catro catas celebradas a finais do ano pasado. O evento tivo lugar onte na sede de AFAOR (Chano Piñeiro, 2 baixo – Ourense) e contouse coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares Gándara.