de Girona, que marca o inicio do Camiño Catalano-Aragonés ata chegar a Logroño, onde se une co Camiño Francés.
Este fito súmase aos marcos de pedra colocados en distintos puntos de Galicia, España e noutras cidades do estranxeiro como símbolo das rutas xacobeas para marcar a distancia ata Santiago de Compostela. Na comunidade galega hai tres nos quilómetros 100 dos Camiños Francés, Inglés e Primitivo que indican o percorrido mínimo para acadar a Compostela.
En canto ás mouteiras no resto de España, esta nova en Girona é a quinta instalada noutras comunidades e súmase á do cuartel da Garda Real do Pardo en Madrid, á de Liébana (Cantabria), á de Astorga (Castela e León) e á de Santi Ponce, en Sevilla. Ademais, no resto do mundo hai outras 8 en Wakayama, Bruxelas, Glasgow, Cracovia, Lorient, Pistoia, Río de Xaneiro e Porto.
No acto de colocación da mouteira en Girona, o vicepresidente primeiro da Xunta estivo acompañado polo conseller de Empresa da Generalitat de Cataluña, Roger Torrent, a directora xeral de Turismo da Generalitat, Marta Domènech e o director da Axencia Catalana de Turismo, Narcís Ferrer. Tamén asistiron representantes das organizacións Asociación Centro Galego e Casas de Galicia en Barcelona e Provincia, Centro Cultural e Social Airiños da Nosa Galicia, Associacio Gerunda: Amics del Camins de Sant Jaume de les comarques gironines e a Associació d´amics del Camí de Sant Jaume de Girona.
Alfonso Rueda destacou no acto a importancia do Xacobeo en toda España como nexo de unión entre tódalas comunidades a través do Camiño de Santiago, neste caso entre o mosteiro de Sant Pere e a ruta que seguen os peregrinos que pasan por Cataluña ata chegar a Compostela. Ademais, sinalou que a mouteira é un dos símbolos máis representantivos das rutas xacobeas. Este monumento de granito conta, de feito, con dous dos motivos característicos do Camiño: a frecha amarela e a cuncha de vieira.
Aproveitou tamén para invitar en Girona a visitar e camiñar a Galicia neste Ano Santo como xa fixeron o ano pasado máis de 11.500 persoas procedentes de Cataluña e que selaron a Compostela ao rematar a súa peregrinación. Forman parte das case 180.000 credencias entregadas en 2021, unha cifra que superou tódalas expectativas fronte ás 140.000 previstas. Por iso, Alfonso Rueda lembrou que a Xunta continuará a traballar na posta en valor das rutas xacobeas para ofrecer a mellor imaxe de Galicia a turistas e peregrinos e consolidar a imaxe da comunidade como destino seguro, de calidade e sostible cun Camiño seguro que converteu a Galicia o ano pasado nun destino de moda.