A iniciativa desenvolverase na Praza de España durante tres xornadas, entre o venres 25 e o domingo 27 de febreiro, en horario de 11:00 a 20:00 horas, e traducirase na instalación dunha creativa carpa en forma de tipi de 200 metros cadrados de superficie cunha decena de postos de venda de madeira que serán ofrecidos de xeito gratuíto ás panaderías e reposterías da cidade.
Na foto, de Pontevedra Viva, a concelleira de Turismo Yoya Blanco xunto ao director do CIFP Carlos Oroza, centro no que tivo lugar a presentación da feira.