Un total de 22 establecementos de hostalería de Vilalba están a participar ata o 3 de abril no XXIII Concurso de Tapas do Queixo de San Simón da Costa. Cada establecemento elabora unha tapa na que o ingrediente principal ten que ser o queixo de San Simón da Costa.
A tapa radicional ten un prezo1,80 euros) e a creativa dende 2,50 euros ata o precio que considere o hostaleiro.
A cada establecemento dispón un cartel do Concurso de Tapas, unha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto. Tanto o cartel, como a urna e as tarxetas de votación deberán de estar colocados nun lugar visible.
Haberá por un lado unha votación popular e o reconto de votos emitidos polo público calcularase facendo unha media de todolos puntos obtidos polo establecemento según as papeletas válidas depositadas nas urnas, admitíndose un único voto por cliente e tapa.
Sairán gañadoras as tapas que feita a media do cálculo obteñan máis puntuación. De este reconto sairán o Premio do Público de Tapa Creativa e o Premio do Público de Tapa Tradicional.
Os oito establecementos que reciban máis puntuación (catro de cada categoría) pasarán á final. Estes establecementos finalistas serán debidamente avisados para citalos a elaborar a tapa para proceder á derradeira valoración do xurado, que se realizará o xoves 7 de abril nos establecementos finalistas.