Éxito sen paliativos do XIV Estase Cocendo na Ribeira Sacra


A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo balance desta décimo cuarta edición do Estase Cocendo e asegura que “despois de dous anos de parón, volveu con máis forza que nunca. Foi un éxito en número de cocidos, en visitas guiadas por Monforte e en participación durante a Quedada de motos e o Cocido das Meigas. Esta última fin de semana encheuse Monforte de tambores e meigas nun fin de festa multitudinario”.

Desde Apehl agradecen “a cada unha das persoas que se uniron a todas as actividades e, en especial, a ese Cocido das Meigas. Era o primeiro ano que se celebraba e comprobamos que hai xerme para facelo máis grande cada ano e que se converta nunha festa única na Ribeira Sacra”.

Por último, lembran dende a Apehl que o próximo día 2 de abril sortearase o porco, xentileza da Asociación Prodeme. O gañador será o que posúa a rifa, cuxas últimas catro cifras coincida co número premiado dese día no sorteo da ONCE. O número premiado publicarase en todas as redes sociais e nas páxinas webs apehl.org e eparacomerlugo.com.