Un dos sinais de identidade de Arcade, núcleo poboacional e parroquia do concello pontevedrés de Soutomaior, é a ostra e a este delicado molusco bivalvo adican unha festa gastronómica este fin de semana, días 2 e 3 de abril, que ven sendo a primeira gran parada marisqueira galega de referencia.
A Festa da Ostra constitúe unha cita imprescindible no noso calendario gastronómico. Unha marea de visitantes danse cita en Arcade para rendir homenaxe a este froito do mar nos postos baixo unha gran carpa que se instala no muelle. Apertivo no recinto da festa e logo máis pausadamente sentados á mesa e mantel nos restaurantes locais.
Este bocado, que inunda os padais como se dunha delicada brisa marina se tratase, sírvese ao natural –os máis ortodoxos así a prefiren-, acaso cunhas pingas de limón; en empanada, escabechadas como xa referenciaba Manuel María Puga y Parga “Picadillo” en la Cocina Práctica, las populares Ostras del Cura de Rianxo, ben regadas cun Alvariño de Soutomaior das tres adegas desta subzonas da D.O. Rías
Baixas. Din os que saben destes asutos do bo beber, que o de Vela é dos mellores.
A celebración naceu en 1987 a iniciativa do sector ostrícola de Arcade, pioneiro na comercialización e exportación deste molusco. E como disque abril é o mellor mes para a degustación da chamada trufa do mar ou perla dos mariscos,..non queda outra que ir a Arcade na procura de tan delicada vianda para comezar o mes como deus manda. Que sexa logo de escoitar ao pregoeiro desta edición que xoga na casa. Trátase do restaurador local, Paco Corral, amo e señor –co permiso de Sofía- do restaurante Veiramar.
A ostra representa un clásico da gastronomía galega e vai ligada de forma indisoluble a Arcade, capital deste marisco eloxiado por Álvaro Cunqueiro: "La ostra es un manjar esencial para abrir una mariscada. Tiene un sabor espiritual, que es como una saudade del mar”. Así o confirman cada ano as máis de 25.000 persoas que acuden ao encontró do delicado bivalvo.