Press trip en A Coruña con prensa vasca


O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a aeroliña Volotea reciben na cidade herculina un press trip con medios procedentes de Bilbao en virtude do acordo da entidade turística coruñesa coa compañía aérea de promoción do voo que une o aeroporto de Alvedro co aeródromo biscaíno.

Nesta ocasión, unha xornalista do medio 'I Love Bilbao' e a blogger 'Viaja más por menos' coñecerán A Coruña e os seus encantos cun programa deseñado para degustar o mellor da gastronomía coruñesa e aprender sobre o modernismo, a Torre de Hércules, o Aquarium Finisterrae ou o Pazo de María Pita, entre outros emprazamentos.