Ternera Gallega puxo en valor os cortes menos habituas das súas canles en Madrid Fusión


A Indicación Xeográfica Protexida estrouse en Madrid Fusión Alimentos de España, congreso de gastronomía que celebra este ano vixésimo aniversario no Recinto Feiral de Ifema, con novas actividades e espazos de formación. Un programa con diversas propostas culinarias e coas últimas tendencias da alta cociña, no que Ternera Gallega ofreceu un showcooking sobre as pezas alternativas e a súa versatilidade gastronómica.

Baixo o título “Cortes singulares de Ternera Gallega: sostibilidade do campo á cocina”, o director de Promoción da IXP, Luis Vázquez, e o chef do Grupo Nove, Javier Rodríguez “Taky”, achegaron aos asistentes o sistema de crianza dos animais rexistrados na IXP, a súa relevancia para o mantemento do territorio e da súa biodiversidade e para fixar poboación no rural.

Con estas accións a IXP pon en valor as pezas da carne certificada menos coñecidas ou habituais co obxectivo dun aproveitamento integral do canal. Cortes singulares que ofrecen infinitas posibilidades culinarias tanto a nivel profesional como para o consumidor xeral, tal e como amosou o chef de Ternera Gallega en Madrid Fusión.

Máis aló do lombo e o solombo, Taky empregou preparacións cortas e diferentes técnicas de cociñado para revelar a calidade do filete de vacío, da bavette, da febra miúda (culata de contra), do petit tender ou redondo maior e da tapa da pa (llana).

Madrid Fusión supón unha gran oportunidade para levar a calidade do vacún galego certificado ante os profesionais do sector da restauración e Horeca, coa intención de que coñezan os valores asociados á IXP e as mellores técnicas de corte, preparación e cociñado dun produto que se distingue pola súa moleza e sabor.