Tomás Ucha, do Berria Wine Bar de Madrid, e Ismael López do Restaurante Casa Solla de Poio, acaban de proclamarse campión e subcampeón, respectivamente, no XXVI Campionato Galego de Sumilleres que convoca e organiza a Asociación Galega de Sumilleres (AGASU). Ambos os dous representarán a Galicia no Campeonato de España de Sumilleres que se vai celebrar no marco so Salón Gourmets en Madrid do 25 ao 28 de abril.
O xurado que avaliou aos concursantes estivo formado por representantes da directiva de AGASU, entre eles o presidente Juanjo Figueroa, e membros da actual directiva como Aarón Álvarez e Pedro Villamarín, entre outros xuíces como o cociñeiro Gerson Iglesias ou o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares.
O Campionato estivo patrocinado por Viña Costeira e Pazo de Toubes, instalacións estas últimas da adega ribadevense nas que se celebrou a competición. Tamén contou co patrocinio do C.R.D.O. Ribeiro.
O presidente de Agasu, Juanjo Figueroa, sinalou a HGg&T que tanto o campión como o subcampión galegos desta edición teñen moitas posibilidades de acadar unha boa posición no nacional, pois segundo dixo “trátase de sumilleres con moito talento e formación, con importante bagaxe e polo tanto con posibilidades de acadar algo importante, cando menos clasificarse para a gran final”, engadindo para rematar que “se non é nesta edición, nas vindeiras estou seguro que o campeonato virá para Galicia”.
Pola súa banda, Juan Casares presidente do Consello Regulador Ribeiro salientou ao remate da xornada o:“gran nivel dos finalistas", apostillando que "hai canteira”, Que así sexa.