O Concello de Santiago acolleu a presentación do programa de actividades da quincuaxésima novena edición da Feira do Viño do Ribeiro que se celebrará os días 29 e 30 de abril e o día 1 de maio de 2022, nas que no recinto da Alameda de Ribadavia.A esta edición concorren 20 adegas e 14 colleiteiros da D.O. Ribeiro con caseta propia..
Entre as distintas actividades contémplanse exaltación e degustación dos viños do Ribeiro, cata Popular (cataranse a cegas os viños das adegas e colleiteiros presentes na Feira do Viño do Ribeiro), catas comentadas con recoñecidos sumilleres, gala Entrega Premios da Cata Popular, zona de gastronomía (Food Trucks e pulpeira), música en directo en sesións de viño-aperitivo (13.30 h – 15.00 h) e sesión nocturna (21.30 h – 23.00 h).
Ademáis de visitas guiadas ao Castelo de Ribadavia e ao Museo do Viño de Galicia, sons do Viño (actuacións musicais en diversas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia), exposición dos carteis históricos da Feira do Viño do Ribeiro