Monçao contará este mesmo ano cun hotel de cinco estrelas


A localidade portuguesa de Monçao vai contar en breve cun hotel de cinco estrelas. Chámase The Vinea Collection Hotel, está na freguesía de Badim e será o primeiro desa categoría na vila fronteiriza con Salvaterra de Miño e tamén do grupo Piamonte Hotels. A súa apertura está prevista para este mesmo ano.

O anuncio foi feito polo presidente da Cámara Municipal António Barbosa (na foto): “Nunha fase inicial existiu a dúbida por parte do investidor se avanzaría cun hotel de catro ou de cinco estrelas. Optou por cinco estrelas, o que naturalmente ten unha valía enorme Monçao”, declarou o rexedor á Radio Vale do Miño.
 
O The Vinea Collection Hotel estará localizado na histórica Quinta da Porteleira, un solar do século XVIII.Terá 67 habitacións, un restaurante no que terá protagonismo a gastronomia local, un bar de inspiración británica e o The Vinea Panoramic Spa, con vista panorâmica sobre a serra. O proxecto ten, por outra banda, unha vertente de produción agrícola de viño Alvarinho.

Contará tamén cunha tenda onde poderán ser adquiridos viños e outros produtos locais, e unha sala con capacidade até 160 persoas concebida para todo o tipo de eventos, con conexión a un xardín con vistas sobre a serra.