O Concello de Pontevedra programa actividades culturais en Santa Clara


Híbridas en Santa Clara é o nome da primeira programación de actos culturais que o Concello de Pontevedra programou para o antigo convento das clarisas. Trátase dun calendario que inclúe 32 actividades culturais en abril e maio, con arranque este próximo venres... Música, danza, teatro e incluso cine.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentaron a programación, que será toda na antiga igrexa, con entrada gratuíta ata completar un aforo que se prevé en 155 persoas sentadas. Dependendo das restriccións da pandemia, podería ampliarse con público de pé.