O Festa dos Maios é unha tradición moi arraigada en Pontevedra, festa que anuncia a chegada da primaveira, o frorecer dos froitos o agromar dos campos. Así, este domingo, 1 de maio, os "Maios" daranse novemente cita ás 11.30 horas no tradicional concurso na praza da Ferraría.
Os actos comezarán coa ‘Benvida ao Maio’ a cargo da mestra Pilar Lores Torres, para a continuación participar no concurso un total de cinco agrupacións integradas pola Asociación Cultural Deportiva de Campañó, o maio do colexio de Marcón, o maio do San Xulián de Marín, o maio do Marcos da Portela e o maio da AMPA de Campolongo.
Posteriormente, unha vez celebrado o concurso, o xurado reunirase e valorará as actuacións presentadas. Durante ese intre, o grupo Maravallada amenizará a espera. Cada maio recibirá 150 euros como premio pola súa participación no concurso, agás que o xurado o descualifique por non cumprir os requisitos previstos nas presentes bases. As contías de cada premio, para cada modalidade, varían entre os 350 e os 100 euros.