Paradela (Meis): Interpretación humana da Paixón


De entre todas as celebracións da Semana Santa en Galicia, a de Paradela (Meis) é a máis realista, posto que os vecinos vólcanse nunha representación teatralizada da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús, que está considerada Festa de Interese Turístico Galego.

As distintas escenificacións comenzan o Domingo de Ramos, día 10 de abril, ás 12.30 horas, coa entrada triunfal en Xerusalén e bendición de Ramos na praza do Outeiro, rematando coa procesión ata a igrexa de Santa María de Paradela.

O Xoves Santo, día 14, ás 22 horas, representación da última Cea de Xesús no adro da igresa, e de seguido procesión ata a praza do Outeiro para a oración do horto dos Olivos, prendemento e xuizo do Sanedrín no adro.

O Venres Santo, 15 de abril, tal vez sexa a xornada máis emotiva. Comeza as 11:30 coa representación das derradeirashoras da vida de Xesús no adro, vía crucis ata o monte da Croa e crucifixión. Ás 22:00, desencravo e descendemento e procesión do Santo Enterro.

Sábado, 16, ás 20:30 segue o programa coa bendición da auga e o lume e ao remate haberá unha degustación gratuita de rosca de Pascua. Finalmente, o Domingo de Pascua, as 12:30, escenificaraseva resurección de Xesús e osvactos concluirán con unha procesión.