A Feira do Viño do Ribeiro chega á súa edición quincuaxésima novena redición uperando o formato habitual que se viña desenvolvendo na alameda de Ribadavia. No evento, que se celebrará deica este domingo 1 de maio, contarán con caseta propia un total de 20 adegas e 14 colleiteiros desta denominación de orixe. Foi inaugurada esta tarde noite polo onselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, da alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez e do presidente do CRDO Ribeiro, Juan Casares.
No marco da exaltación e degustación dos viños do Ribeiro, haberá catas populares e -como novidade- tamén comentadas, ademais de visitas guiadas, gastronomía, actuacións musicais e a tradicional entrega de premios. Cabe sinalar que a DO Ribeiro se define por empregar variedades autóctonas tradicionais (Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao, Sousón) que dotan os viños dunha gran personalidade e dunha serie de combinacións de aromas afroitados e florais.
Alí, o conselleiro puxo en valor catro aspectos fundamentais que distinguen esta denominación de orixe e que fixo extensivos a todo o sector vitivinícola galego, como claves para o seu futuro. Así, estas catro referencias seríana aposta polas variedades autóctonas, pola recuperación de zonas históricas de viñedo, pola rehabilitación e posta en valor da arquitectura vinculada ao mundo do viño e, de xeito destacado, pola calidade.
Pola súa banda, Nava Castro puxo en valor a enogastronomía como piar da estratexia turística de Galicia, ao tempo que destacou a aposta que o Goberno galego leva facendo por este sector, que contribúe a construír un modelo turístico de maior calidade, sostible, desestacionalizador e con gran poder de xeración de tecido socioeconómico nas áreas rurais.