A Concellería de Promoción Económica vén de programar unha nova actividade para dinamizar a Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, promocionar os produtos que nela se venden e atraer nova clientela.
Será mediante a celebración dos obradoiros de cociña que o famoso cociñeiro da TVG, Xoanqui Ameixeiras, desenvolverá no espazo gastronómico do mercado municipal, sito no primeiro andar da Praza, e que estarán abertos ao todo o público que, ademais de ver como se elaboran diferentes receitas poderán preguntar ao cociñeiro sobre os pratos, os produtos ou as técnicas culinarias a utilizar.
Os pratos que se prepararán en cada sesión elaboraranse con ingredientes que se poden atopar propia praza de abastos, aproveitando os produtos frescos e de tempada. Incidirase de forma especial nas receitas saudables para traballar na formación e difusión dos hábitos de alimentación saudables. Pero tamén se terá en conta io aspecto económico, para o cal, se afondará na denominada cociña de aproveitamento que se fai mediante a utilización de sobras de pratos que se poden converter en receitas saborosas e moi asequibles para o día seguinte.
Dadas as dúas vertentes, a de dinamización da praza de abastos e de difusión de hábitos de alimentación saudables e económicos, a acción finánciase a través da lo programa Vilagarcía Avanza financiados cos fondos europeos das EDUSI a través da liña “Actuacións para o apoio a familias vulnerables”.