Francisco López: “É preciso comezar a taballar coas novas xeracións”

 


“Para impulsar o sector ecolóxico é preciso comezar a traballar coas novas xeracións”, segundo sinala presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López Valladares nunha video entrevista publicada no último boletín online do Craega.

-Que importancia teñen as feiras especializadas para o sector ecolóxico?

-Eu diría que son fundamentais, de feito o Craega ven facendo un esforzó continuado para estar nestes salón saos que consideramos un escaparate fundamental para os pequenos produtores que acoden baixo o noso paraugas e doutro xeito non poderían chegar a uns mercados tan globalizados.

-Que obxectivos se marca para os vindeiros anos?

-O obxectivo é seguir crecendo. De feito o obxectivo, a nivel do Estado español , é acadar no 2030 unha superficie prantada en ecolóxico do 25 por cento.

-Fundamentais as axudas das administracións?

-Dende logo. Sen elas o crecemento do sector non tería sido o que é. Temos que seguir insistindo nas axudas da PAC de xeito que a agricultura ecolóxica teña un peso importante, que é unha das formas de animar aos agricultores e gandeiros a que dean ese paso no cambio produtivo, do convencional ao ecolóxico. Sen eses incentivos non sería doado.

Tendo en conta de que leva 5 anos ao fronte do Craega, dende 2017, que balance fai desta etapa?

No 2017 a facturación anual era de 44 millóns de euros, e o 2020 pechouse con 108 millóns. Había algo máis de 900 produtores e agora estamos chegando aos 1.500. Levamos unha evolución constante e queda moito treito por percorrer. É certo que a pandemia frenou considerablemente esa tendencia, sobre todo en 2021, e neste ano as expectativas non son tan boas como cabería esperar sobre todo pola crise que está a sufrir o sector cárnico e o do leite, dous dos eixes fundamentais na produción ecolóxica.