O Vákner de Dumbría asoma novamente a cabeza


O presidente da Deputación da Coruña destacou na entrega dos premios do concurso literario Territorio Vákner, no marco do Festival Vákner de Dumbría. que esta criatura "que facía un labor terrorífico hai séculos no Camiño de Santiago, fai agora un traballo de dinamización da economía e da cultura nunha terra que está máis viva ca nunca".O evento celebrouse no Marco do Couto, no municipio de Dumbría, onde tamén se implantou a estatua do Vákner. Unha peza de cinco metros de altura que representa a un home lobo creada polo escultor Cándido Pazos.

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, destacou que o emprazamento no que se sitúa a creación necesitaba contar co seu protagonista, xa que esta zona "é a confluencia de dous camiños reais, o que vai a Fisterra e o que vai a Dumbría-Muxía", territorio do Vákner. O rexedor sinalou que a zona tamén conta con outros recursos turísticos próximos.

A entrega de premios do certame de relatos e a descuberta desta estatua formaron parte da primeira edición do festival dedicado a esta criatura lendaria e que se desenvolveu no municipio, contando con actuacións de grupos como Luar na Lubre, Víctor Manuel, Ismael Serrano, Alexandra Suárez, Gaiteiros de Buxantes e, Carlos Goñi, líder de Revólver.