Un máximo de 700 persoas poden participar este domingo na andaina de Allariz


Ate un máximo de setecentas persoas participantes se poderán dar cita este domingo na localidade ourensana de Allariz para participar na tradicional andaina anual.

Con un formato renovado, a vintetrés edición constará de dous percorridos, un de 25 kilómetros e outro de 10, pensado para as familias e para os máis pequenos.

Para facilitar a participación das persoas que traballan este ano pasoue a cita do sábado ao domingo e tamén se reduceu o itinerario para favorecer que o percrrido se poida cambiar e coñecer e desfrutar de outros espazos da Reserva da Biosfera.

A concelleira Helena Suárez remarca que os organizadores queren fomentar a sostenibilidade, por eso durante a Andaina 2022 entregarase aos participantes unha botella de aluminio co seu dorsal para encher nos puntos de repostaxe.