As piscinas ourensanas de Oira elevan o seu aforo a casi 900 persoas


Trala insistencia do Concello de Ourense, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autorizou que as piscinas municipais de Oira poidan aumentar o seu aforo, polo que pasarán de dispoñer capacidade para un máximo de 600 persoas, como era até hoxe, a 827, o que fai posible que 227 persoas máis poidan facer uso das instalacións gratuítas do recinto municipal.

Este incremento de capacidade, que xa aplicou a semana pasada, no pico da onda de calor, permitiu conseguir que ningún usuario quedase sen ter a posibilidade de utilizar as piscinas. O aumento da capacidade evitou cheos, acadando o pico dos 775 asistentes.

A ampliación da capacidade adquire unha especial relevancia este verán, no que a oferta de piscinas públicas na contorna da cidade vese mermada xa que os usuarios non poden dispoñer das piscinas de Monterrei.