Os hostaleiros galegos ven o verán con optimismo


A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia) integrada polas asociacións provinciais de hostalería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, adianta as previsións de ocupación para o verán, aque auguran boas.

Aseguran que despois dos bos resultados alcanzados durante a fin de semana de San Xoán, a campaña de verán preséntase prometedora, sobre todo a partir da segunda quincena de xullo. De feito, nalgúns establecementos nótase o incremento de reservas para a festividade do 25 de xullo.

Así, indican que o verán se presenta con boas perspectivas, cunha previsión media do 75-80 %, alcanzando, a medida que avanza a tempada, cheos no litoral, como nas Rías Baixas e A Mariña lucense e tamén en zonas de interior como na Ribeira Sacra, destino que cada vez recibe máis visitantes.