Arranca en Pantón con vaca galega, castañas e queixo, Saborea Lugo


A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na estrea da segunda edición do programa da Deputación Saborea a túa provincia no Campo da Feira de Ferreira de Pantón. 

Unha cita gastronómica e de lecer que contou con demostracións culinarias, actuacións musicais e obradoiros de cociña para os máis pequenos.

Martín Mantilla, do restaurante Berso, elaborou nas cociñas do autobús do Saborea un Roast Beef de vaca galega con tomate eco, castañas e queixo da Ribeira Sacra que puideron degustar as persoas que se achegaron a Pantón. Xograres de Lemos e o grupo Atlántica foron os encargados de poñer ritmo a esta xornada lúdica na Ribeira Sacra.