A Axencia de Información e Control Alimentario realizou 354 inspeccións durante o primeiro semestre do ano para garantir o cumprimento da lei da cadea. Despois do sector das froitas e hortalizas, o da carne é o segundo máis inspeccionado con 132 actuacións. Ségueno o lácteo, o do mel, o viño e o aceite de oliva, según recolle na súa web Ternera Gallega.
A axencia revisou case 700 relacións comerciais e actuou en máis de 2.200 casos para comprobar que se cumprían os requisitos da lei da cadea. Deles, nuns 800 verificouse a existencia de contratos e en 1.400 vixiaron prácticas comerciais abusivas.
Desde o 2014, cando a AICA entrou en funcionamento, realizou 6.142 inspeccións, que derivaron en máis de 3.000 sancións por unha cantidade de 13,6 millóns de euros. Este labor, segundo recalca o Ministerio, garante relacións comerciais máis xustas e transparentes no ámbito agroalimentario.