Trinta locais dan seguridade contra a violencia de xénero na Festa do Albariño



Unha trintena de establecementos de restauración e comerciais de Cambados adherironse á rede de locais contra a violencia de xénero habilitada pola Concellería de Igualdade como puntos de seguridade durante a celebración da Festa do Albariño durante os día 4, 5 e 6 de agosto.

En todos eles, calquera persoa que se encontre nunha situación de vulnerabilidade pode solicitar axuda ao responsable do establecemento que se coordinará de inmediato co equipo técnico e de expertos en psicoloxía centralizado na Caravana do Punto Morado, ubicada este ano na Praza da Leña, ao carón da rúa Príncipe.

As persoas voluntarias dos locais participantes recibiron previamente unha formación específica sobre cómo actuar en casos de violencia de xénero, agresións abusos ou acoso sexual e a rede de puntos de seguridade estará operativa durante as xornadas e tramos horarios de celebracións do Albariño nos que se agarda maiores multitudes.

A Concelleira de Igualdade, Fátima Abal, explica que “a actuación dos Puntos de Seguridade guiarase por un protocolo deseñado específicamente para o Albariño que ten como obxectivo dar prioridade á atención ás vítimas para evitar ou diminuír as situacións de vulnerabilidade e inseguridade,