Vigo aporta anualmente 336.000 € para alimentos e comedores sociais


O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno do 22 de xullo a achega 40.000 euros a asociación “La sal de la tierra”, que realiza un servizo diario de comidas a 80 persoas.

Este convenio corresponde os anos 2022; 2023; 2024 e 2025, a razón de 10.000€ por ano. Como indicou o  alcalde, Abel Caballero, “o Concello de Vigo financia os comedores sociais da cidade”, aportando anualmente 55.000€ para o comedor de La Esperanza; 45.000€ a Vida Digna; as Misioneras del Silencio 26.000€; para Afán 60.000€; a Fundación Santa Cruz preto de 57.100€ e para o Banco de Alimentos a achega é de 83.000€.