O Concello de Baiona, dende a Concellería de Emprego e Educación en colaboración co Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo- A Guarda vai a realizar unha Xornada Informativa e de Orientación sobre o Sector do Mar para o vindeiro 30 de setembro de 2022 no centro Multiusos “Angel Bedriñana” situado na Rúa Carabela Pinta de Baiona.
En dita xornada preténdese ofrecer unha visión ampla e en detalle, dende un punto de vista técnico e profesional, sobre as oportunidades e nicho de traballo existentes no sector do mar aos que poderían acceder aquelas persoas desempregadas do territorio que, quizáis descoñezan esta información ou non a coñezan polo miúdo.
Os obxectivos concretos son: Dar a coñecer as saídas profesionais no sector do mar, sobre todo as relacionadas con oficios propios do mar e aquelas para as que non son precisos nin requisito ter unha titulación académica específica, como un Ciclo de Formación Profesional ou un Grao Universitario.
Ademaís de poñer en valor os postos de traballo do sector primario do mar e outros vencellados que poden dar cabida a persoas en situación de desemprego.
E, por último, achegar información sobre como e onde conseguir certos carnés ou títulos para acceder un posto/oficio no sector da pesca (pesca ou marisqueo).
Pódese recibir información no teléfono 986 35 64 10 ou no mail: tecnico.emprego@baiona.gal Aquelas persoas interesadas deberan cubrir a instancia anexa a continuación e presentala no rexistro do concello ou enviala o seguinte mail tecnico.emprego@baiona.gal