O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou a unha das expedicións que fixeron un recorrido pola ría a bordo do Nautilus, unha das actividades da urbe olívica con carga turística atractiva.
O Concello oferta un total 1150 prazas, de balde, en diferentes saídas os xoves, venres e sábados durante o todo o período que resta de verán.
O rexedor anima á cidadanía a participar para "poder desfrutar do fondo da ría como se estivésemos dentro dun tubo de cristal"