Case un millón de euros para medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2022-2023


O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan as subvencións para a execución de proxectos de cooperación no marco da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023. Cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, estas axudas dirixidas aos grupos de desenvolvemento rural (GDR) contan cun orzamento de 922.000 euros, caseo dobre dos 495.628 euros presupostados na convocatoria anterior.

A cooperación constitúe un elemento fundamental para o desenvolvemento das zonas rurais, xa que propicia a mellora das relacións entre territorios e facilita a transferencia de experiencias e coñecementos. A presente convocatoria -a segunda que se efectúa no actual período Leader 2014-2020- destinará o 25% do presuposto á anualidade de 2022 e o 75% restante ao 2023. Así,este ano están orzamentados 276.000 euros, mentres para 2023 irán 645.000 euros.

Cabe apuntar que na nova convocatoriase incrementa o importe máximo subvencionable dos proxectos, que pasa dos 100.000 euros ata os 150.000 euros por proxecto. Así mesmo,  inclúese a posibilidade de conceder aos grupos de desenvolvemento rural anticipos de ata o 50% da subvención concedida e regúlase a exención da obriga dos beneficiarios de achegar garantías polos pagamentos a conta que perciban.

A entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria, que regula novos instrumentos para a posta en valor dos terreos agroforestais epara a fixación de poboación, representa unha gran oportunidade para o desenvolvemento rural en Galicia. Por ese motivo, nesta nova convocatoria incorporouse a posibilidade de dar soporte a proxectos de cooperación vinculados a estes instrumentos, tanto aos orientados ao aproveitamento agrícola, gandeiro ou forestal da terra -como son os polígonos agroforestais, as agrupacións e actuacións de xestión conxunta e os proxectos de ordenación produtiva das aldeas modelo-, como aos destinados a mellorar a calidade de vida da poboación rural, como é o caso dos plans de dinamización do núcleo rural das aldeas modelo.

A primeira convocatoria de proxectos de cooperación do actual período Leader 2014-2020contou cun orzamento de 495.628 euros,tras a ampliación orzamentaria efectuada o ano pasado. Estes cartos mobilizaron un importe total de 550.698euros no marco de sete proxectos, cun presuposto medio de 78.671 euros por iniciativa, grazas a unha axuda pública media de 70.804 euros.