Da sardiñada de Sanxenxo á Festa da Anguía e Mostra da Caña


Será no concello ullán e pontevedrés de Valga. Este fin de semana, esta localidade acolle a trixésimo segunda edición da festa gastronómica da Anguía, aparellada coa Mostra da Caña do País, léase destilado de aguardente. As citas chégase despois dunha grande sardiñada que o concello de Sanxenxo ofrece aos visitantes que abarrotan a vila nos meses de verán. No “Día do Turista” repartíronse 3.000 racións.