Os vehículos clásicos e antigos tomarán Pontevedra o 11 de setembro


Os amantes dos vehículos clásicos e antigos teñen unha cita obrigada o domingo 11 de setembro na Praza de España na IV Concentración ‘Cidade de Pontevedra’.

Organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos, os entusiastas deses imperecedoiros e elegantes modelos de coche que marcaron épocas pasadas poderán disfrutar do evento dende as dez da mañán (diante do Consistorio), onde os automóbiles irán chegando ata as 11:00 horas,.

A partires dese momento un primeiro grupo de participantes realizará unha visita guiada polo Museo, visitando a exposición ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’ (un segundo grupo farao ás 12:15 horas).

O programa proseguirá ás 15:00 horas cunha comida de confraternización que terá lugar no restaurante Casa Digna (na Praza do Gremio de Mareantes), finalizando a concentración ás 19:30 horas e retirándose os coches da Praza de España antes das 20:00 horas.