Ribadavía volta á xudería medieval co gallo da Festa da Istoria


Sempre coincide o último sábado do mes de agosto, este ano o día 27, aínda que xa na víspera, o venres comezan as actividades. Falamos da Festa da Istoria de Ribadavia. Festa, multitudinaria que nos leva atrás no tempo ata a xudería medieval, recuperando as tradicións antigas e históricas que formaron parte da da capital do Ribeiro. A contorna é espectacular e está pensado para todas as idades, é sen dúbida una das mellores festas de Galicia.

A Festa da Istoria conta cun amplo programa de actos que inclúen ceas medievais, bailes, voda xudía, desfiles, cetrería, teatro, tiro con arco, xadrez vivente, o desfile polas principais rúas Ribadavía, que conta cunha das xuderías máis importantes de Galicia e o soado combate entre cabaleiros. 

É unha forma de recuperar as tradicións ancestrais e históricas, que formaron parte da historia da comarca. O nivel de detalle desta festa é moi completo, chegando a acuñar a súa propia moeda, os maravedís, para a realización das distintas transaccións comerciais. Os actos centrais son o Torneo Medieval, a simulación dunha voda xudía, terminando coa famosa cea medieval no castelo, onde é imprescindible acudir vestido de época.