Viveiro quenta motores para comer, beber e gozar do Naseiro


Viveiro xa quenta motores para O Naseiro unha das celebracións máis relevantes do verán xunto co Resurrection Fest.

A vila luguesa ten entre o 26 e o 30 de agosto unha cita gastronómica marcada polo comer, o beber e o gozar.

Máis de 200 mesas e unhas 70.000 persoas acampadas marcan a dimensión desta romaría que ten a consideración de Festa de Interese Turístico Galego.

Conocida tamén como a Festa do Bo Xantar o día 26 estará adicado ao polbo, o 27 a paella, o 28 os callos, o 29 ao caldo e o 30 as sardiñas.