A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará por terceiro ano o Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.
O programa do Congreso conta xa cunha demostración do barista José Manuel Portela, responsable de formación de Cafés Candelas, un obradoiro para nenos e varias degustacións de cociña con produtos de proximidade a cargo dos cociñeiros Diego López, do restaurante Bulló Xantar; Nardo Eiroa, do restaurante Canedo; Pablo Vila, da cadea Oca Hoteles, e Alejandro Méndez, de Os Cachivaches.
Como complemento ao Encontro, terán lugar as Catas ...E para comer, Lugo non Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en cinco localizacións da provincia: Samos, o día 18 de outubro; A Pobra do Brollón, o 19 de outubro; Sober, o 20 de outubro; Barreiros, o 25 de outubro, e Palas de Rei, o 26 de outubro.
O evento dará comezo así xa o día 18 de outubro coa primeira das catas, que terá lugar no establecemento Hotel A Veiga (Avda. Compostela, 61) en Samos, de 17:00 a 19:30 horas. Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas, deben inscribirse a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou cubrindo os formulario dispoñibles na web apehl.org.