O concello do Grove (Pontevedra) dou este xoves o pistoletazo de saída a 59 edición da Festa do Marisco. Coa apertura das portas o recinto gastronómico, agora o protagonismo está nas ameixas, berberechos, camaróns, empanada, mexillóns, navallas, nécoras, ostras, percebes, pulpo, vieiras e volandeiras, en diferentes preparacións e para todos os bolsillos.
En paralelo a gastronomía, a música será outro dos alicientes para acudir a vila do meco. Os concertos de figuras galegas, nacionais e internacionais como Xoel López, Lila Downs, Dorian ou Kula Shaker terán tirón propio, e tampouco quedará sin cubrir o ocio para os máis pequenos.