Despois de dous anos sin celebrarse, este fin de semana chega -xa se está celebrar dende hoxe venres- a VII edición de Barcelos Cidade Medieval, no Parque da vila portuguesa . Durante este tres días visitar o Parque da Cidade será como viaxarn o tempo ata á Idade Media.
Alí poden encontrarse artesáns de varias artes e ofícios, mercadores e taberneiros, animación, torneos medievais (xustas), espectáculos de lume, queimadas, demostracións de aves, e outros animais, actuacións de grupos de música, teatro e danza medieval.
Nesta edición do Barcelos Cidade Medieval participan máis de 70 mercaderes, 4 restaurantes e 30 tendas de alimentación. A recreación medieval resulta dunha iniciativa conxunta do Concello e da Asociación Burgo Divertido, que ten como obxectiv promover o comercio barcelense e atraer visitantes a esta vila minhota.