O concello coruñés de Betanzos activa un amplo programa de visitas guiadas para o vindeiro outono. A primeira cita xa será este sábado, 24 de setembro. Terá como protaganistas o viño, os santuarios e os ríos.
Para o día 29 de novembro e o 8 de decembro os visitantes embeberanse do Betanzos monumental.
O modernismo será o eixe que primará na visita guiada prevista para o día 8 de outubro. En novembro haberá outras dúas citas: a do día 12 que percorrerá o museo das Mariñas; e a do día 26, centrada en Betanzos en femenino.
As inscricións e saídas serán dende a oficina de turismo (teléfono 981 776 666) a partires das once e media da mañán.