Dvicio y Rocío Márquez & Bronquio se suman al cartel de San Froilán


A concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, presentou dous novos concertos que se unirán ao programa do San Froilán 2022. As novas confirmacións son Dvicio, que chega coa súa nova xira El Laberinto, e encherá a praza Horta do Seminario o 8 de outubro, e Rocío Márquez & Bronquio, que estará na praza de Santa María o 11 de outubro.

A xira de Dvicio pasou por Madrid, Barcelona e ata seis cidades de México, Venezuela, Colombia e Ecuador.Estreado o 29 de abril, El laberinto é o cuarto álbum do grupo madrileño, un traballo sen colaboracións, con máis armonías que ningún outro e no que profundizan na súa propia identidade. Trátase dun traballo emocionante e particular, no que bucean nas súas esencias para asentar a súa personalidade como grupo, sen perder a fascinante mistura de entusiasmo e bo pop que lles caracteriza. El laberinto abre unha etapa na carreira de Dvicio. Tras debutar no 2014 con “Justo ahora” e confirmar as mellores expectativas con “Qué tienes tú (2017)” e “Impulso (2020)”, perfeccionan o xenuino son da banda para consolidarse coma un dos fenómenos máis importantes da música en castelán nos últimos tempos.

Doutro lado, encumbrada pola prensa como “la voz de la nueva generación del cante jondo”, Rocío Márquez (Huelva, 1985) leva máis dunha década labrando unha sólida carreira artística que hoxe desborda o panorama flamenco, onde xa é un claro referente e figura consolidada. A súa personalidade inqueda e a súa enorme curiosidade quedan patentes na súa discografía, que de xeito transversal móstranos tanto amor pola tradición flamenca como imperiosa necesidade de ensanchar os límites desa mesma tradición, explorando e experimentando con melodías, instrumentación, arranxos e letras.

Tercer Cielo é o novo proxecto discográfico da cantaora flamenca Rocío Márquez e o produtor de música urbán e electrónica Bronquio. Un paraíso en el umbral onde os artistas permitíronse explorar desde os seus respectivos backgrounds musicais nunha viaxe que vai do coñecido ao descoñecido, da tradición á creación. O resultado é unha linguaxe propia que trascende compartimentos estancos dos xéneros musicais para seguir ensanchando o flamenco do século XXI.