O Concello de Baiona estreou o documental “Baiona, a gran descuberta”. “Esta peza audiovisual realizada pola produtora audiovisual Xurdir en colaboración co Concello e a participación de diversos protagonistas da vila, ten como obxectivo reflexar o traballo que desenvolven neste momento moitas empresas do Concello de Baiona, así como toda a riqueza que xeran todas as que conforman a vida e a actividade deste municipio. Tamén se pon en valor neste filme a paisaxe natural da zona e o seu patrimonio cultural”, destaca o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, quen convida a coñecer este traballo.
Neste enlace pódese ver o documental